Hemeroteca

Ana Isabel Muñiz gañou a estancia nunha casa rural

  • 14 ene 2020 / 20:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

BOIRO Ana Isabel Muñiz López foi a gañadora dun aloxamento na casa de turismo rural Casa do Prado, para dúas persoas, que se sorteou entre todas as visitas ao belén municipal de Boiro, elaborado polo maquetista Carlos Nieto e que durante o Nadal estivo exposto no local do mercado. O alcalde, José Ramón Romero, fixo entrega do premio. O sorteo fíxose entre 1.600 papeletas.

Tema marcado como favorito