Hemeroteca
Eurodeputada na sombra do BNG

Ana Miranda: “A UE excluirá o xeito da prohibición das redes de deriva e non porque vaia Feijóo alí”

Ana Miranda, eurodeputada na sombra no argot comunitario á espera de ocupar formalmente en 2018 e 2019 o escano rotatorio que conseguiu nas eleccións europeas pola coalición Os pobos deciden, mantén que o traballo de lobby acometido en Bruxelas nos últimos meses “vai ter resultado” e o xeito “vai quedar excluído da prohibición das redes da deriva”. Miranda, da escola de Camilo Nogueira de usar o escano como embaixada galega, asegura que o éxito da loita foi debido á “presión política” dende o primeiro momento, “e non porque vaia Feijóo alí o día 2 de febreiro a facerse unha foto de última hora” .

  • 30 ene 2015 / 20:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Vostede concorreu nas últimas europeas na coalición ‘Os pobos deciden’ encabezada por Josu Juaristi de EH Bildu. Como articula o seu traballo en Bruxelas?

Temos relación directa co deputado Josu Juaristi, porque as oficinas están á beira, pero o BNG ten oficina propia. Ao mesmo tempo, temos relación estreita cos nosos compañeiros da Alianza Libre Europea (ALE), que tamén están na Eurocámara. Presentamos iniciativas con uns e con outros segundo a temática. Temos absoluta liberdade.

Nestes primeiros meses unha boa parte do seu tempo dedicoullo a loitar polo mantemento da arte pesqueira do xeito.

Efectivamente, o xeito ocupou parte do meu tempo e tamén serviu para afondar na nosa idea de que para procurar a defensa dos intereses galegos temos que ter relación con quen sexa necesario en cada momento.

Como deseñou a defensa?

Relacionámonos tanto coa ponente da comisión de pesca (unha italiana socialista) como co de medio ambiente (un italiano do Movemento Cinco Estrelas de Beppe Grillo) e ambos foron moi receptivos. Tamén levamos a un grupo de 20 xeiteiros e o alcalde de Rianxo, que estiveron cos ponentes, na Comisión Europea co director xeral encargado das redes de deriva, e co presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Alain Cadec, que é un bretón do Partido Popular. Falamos con quen tiñamos que falar para que o xeito quede excluído da prohibición das redes de deriva: socialistas, Cinco Estrelas, Partido Popular. Tamén contamos con Juaristi, ALE e o Partido Nacionalista Escocés.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tema marcado como favorito