Hemeroteca
elos de lectura

Andrea Maceiras, novelista

‘Nubes de evolución’, unha historia de casualidades, encontros e esperanza protagonizada por un triángulo moi especial

    • 01 abr 2014 / 19:25
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Non é nada novo para Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) facerse con galardóns a pesares da súa mocidade. As súas obras Proxecto Bolboreta, (2007), Violeta Tamurana (2010) e O segredo do lagarto arnal (2012) demostran o afirmado e preparan o terreo para a publicación da súa última novela de fronteira, Nubes de evolución (Xerais, col. “Fóra de Xogo”, 2013), que resultou finalista do Premio da Fundación Caixa Galicia 2011 e que, neste pasado ano, recibiu o favor da crítica, conseguindo o galardón na modalidade de Mellor libro de Literatura Xuvenil do 2013 da web Fervenzas Literarias.
    Andrea Maceiras escolleu, desta vez, unha historia de casualidades, encontros e esperanza protagonizada por un triángulo moi especial: Amanda, Uxío e Luís. Todos narradores das súas respectivas historias que se cruzan nunha fría estación de autobuses para non separarse xamais. Todos marcados por dous elementos comúns: a soidade e o fracaso.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    Tema marcado como favorito