Hemeroteca
PONTEVEDRA VIVA

As lavandeiras do Río dos Gafos

    • 05 ene 2020 / 01:37
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    O seu labor foi moi duro e amargo nun tempo dificil , mulleres de todas as idades pasaban horas enteiras a caròn do rio nos lavadoiros con frio humidade ou calor ,logo atender casa e familia e coidar a terra .Lembro que miña nai e outras veciñas dos barrios da Virxe do Camiño e Gorgullòn ian lavar a un lavadoiro que ouvo na Ponte Boleira xunto a un muiño a caròn do rio dos Gafos .Cargadiñas cunha tina de zin chea de roupa cun molido feito de trapos na cabeza de protecion ,sempre tiñan dor de lombo por mor da posiciòn adoptada para lavar e na invernia as mans cheas de sabañons e roxas pola lixivia que enpregaban para branquear as sabas.

    De cativos cando nosa nai ia o rio lavar e ainda que tiñamos que cargar cos caldeiros cheos de roupa para nòs era unha festa ,sobor de todo no veràn pois mentras as nosas nais lavavan nòs chogabamos ou bañavanos e faciamos todo tipo de falcatruadas. Na invernia cando chovia as mulleres garnecianse debaixo da ponte , un pouco mais adiante habia o lavadoiro de Peilàn con mais comodidades e cuberto pero de pago e miña nai con familia numerosa e outras moitas non podian permitirse o luxo. Nos agardabamos chogando no muiño.

    A volta do rio ao fogar sobor de todo na invernia era moi duro , nòn secaba a roupa e pesaba moito,colliamos as sabas eas retorciamos entre dous para escorrer o auga para que pesase menos , no veràn era mais levadeiro pois estendian a clarexar as sabas nas pradeiras nas beiras do rio que de lonxe semellaban nevaradas ,nos tumbados no chan agardando nun campo de mapoulas ollando pasar os estorniños e os debuxos èfemeros que facian as nubes.

    A miña nai encantabanlle uns pasariños que revoloteaban e brincaban arredor delas e decianos que nòn nos meteramos con eles porque chamavanse como elas , Lavandeiras e cando estaban significaba que o auga era limpa e podian lavar tranquilas,cando llovia moito tiñan que deixar de lavar e reuniamos todos no muiño e miña nai e outras veciñas cantabanos unha fermosa cantiga con verbas arroladoras que moito tempo despois soupen que era da nosa poeta Rosalia de Castro que dicia:Franca Dura Sen Enganos Canta Canta Garruleira. O PE Da Verde Silveira. Lavando Os Seus Brancos Panos.O Son Dos Rumores Vanos. Que Nacen Ca Mañanciña. Lava Lava Na Fontiña.

    Agora os veciños e veciñas das ruas Virxè do Camiño Gorgullòn e sua contorna para cando o tempo nos deixe sen memoria van colocar unha placa na Ponte Boleira en homenaxe e recordo daquelas heroinas anonimas que entempòs moi duros de pan de figo e xabròn Lagarto viñan lavar niste recuncho do rio dos Gafoscando as lavadoras nas casas dos pobres ainda eran unha utopia.

    Naquel tempo o rio era riqueza e todos o coidaban . Nòs en canto poidemos en agradecemento o que fixemos foi consentir tapar un tramo no seu paso por Campolongo porque esquezemonos do que nos dou e asi tapado non temos que coidalo e limpalo privando as novas xeneraciòns de desfrutar un rio fermosisimo como fixeron nosos antergos e tamen nòs. Ainda estamos a tempo de destapar o tramo cuberto do rio dos Gafos.

    Tema marcado como favorito