Hemeroteca

As representacións retornan á vila de Padrón nunha nova edición do Cultura no Camiño

Poranse en escena catro obras para conmemorar a oitava peregrinación de San Francisco a Compostela

    • 01 jun 2015 / 20:05
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Padrón. Maiores e pequenos poderán desfrutar este verán doutra edición do ‘Cultura no Camiño’, un conxunto de obras de teatro pensadas especialmente para as familias. O Concello de Padrón, en cooperación coa Xunta e Agadic, conmemora así o oitavo centenario da peregrinación de San Francico de Asís a Santiago de Compostela.

    A praza de Macías será o escenario das catro obras de teatro que se representarán a partir deste mes de xuño. Todas elas son gratuítas e darán comezo sempre á mesma hora: as 22:00. En caso de mal tempo, o espectáculo trasladaráse ao Auditorio Municipal.

    A obra Feo! , interpretada polo grupo Caramuxo, será a encargada de abrir o programa o día 12 de xuño. Unha orixinal adaptación de O parrulo feo de Hans Christian Andersen ó noso tempo.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    Tema marcado como favorito