Hemeroteca
A ASOCIACIÓN XUVENIL A EIRA CELEBRA ESTE DOMINGO O SEU FESTIVAL DE INVERNO
Terá lugar no Auditorio Municipal a partir das 18 horas e con entrada de balde // Incluirá exhibicións da Escola de Baile e do Club Karate Valga e música en directo
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
A asociación cultural e xuvenil "A Eira" celebra o próximo domingo, 19 de xaneiro, o seu festival de inverno no Auditorio Municipal.
A xuventude é a protagonista deste espectáculo que incluirá unha exhibición da Escola de Baile da asociación, que realizará varias coreografías. Tamén haberá actuacións de canto en directo a cargo de integrantes e colaboradores do colectivo. Ademais, o Club Karate Valga ofrecerá ao público asistente unha exhibición desta disciplina deportiva.
O festival dará comezo ás 18 horas e a entrada é de balde.
Tema marcado como favorito