Hemeroteca

Áurea Santos ingresa no clube de centenarios de Ribeira

  • 04 nov 2019 / 21:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

RIBEIRA A veciña de Santa Uxía de Ribeira Áurea Santos Lijó vén de cumprir cen anos de vida e, con tal motivo, os seus achegados quixeron conmemorar este domingo esta excepcional efeméride cunha misa na igrexa parroquial, proseguida dunha comida familiar. Ata o templo parroquial achegáronse tamén o alcalde, Manuel Ruiz, e a edil de Servizos Sociais, Ana Ruiz, para felicitala no nome do Concello.

Tema marcado como favorito