Hemeroteca

Barbanza conta con unidade de rehabilitación cardíaca

Dará servizo a corenta pacientes ó ano // Tamén se dotou o ximnasio con novo material cunha aportación de Carregal

  • 12 dic 2019 / 21:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Xa está en funcionamento, dende onte, a unidade de rehabilitación cardíaca do Barbanza, sendo o primeiro hospital comarcal galego, e un dos poucos de España, en contar con esta prestación. Nesta primeira fase, prevén atender uns corenta pacientes anuais.

Ademais, dotouse o ximnasio de rehabilitación do centro hospitalario de tres postos de adestramento, e outros tantos nas instalacións do Clínico de Santiago, para poder incluír doentes con outras patoloxías cardíacas. A compra do material necesario para estas dúas iniciativas realizouse cunha doazón de 30.000 euros do empresario Ramiro Carregal, quen asistiu á presentación do programa. Asemade, como mostra de agradecemento, descubriuse unha praca co nome do dirixente da Frinsa no ximnasio.

O acto estivo presidido pola xerente da Área de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, acompañada polo director do Distrito Sanitario de Barbanza, Salvador Mariño; os xefes dos servizos de Cardioloxía e Rehabilitación, José Ramón González-Juanatey e Jesús Figueroa; o cardiólogo Carlos Peña; a rehabilitadora Bibiana Villamayor, rehabilitadora e o coorddinador de Fisioterapia, Rubén Iglesias.

Os programas de rehabilitación cardíaca demostraron reducir a morbimortalidade en case un 25 %, e ao achegar as unidades de rehabilitación cardíaca á contorna onde vive o cidadán, mellórase a súa accesibilidade.

Tema marcado como favorito