Hemeroteca
campaña

'Bocaberta': programa de actividades para fomentar o galego entre 500.000 cativos

Once editoriais colaboran no proxecto que tivo unha enorme aceptación social na edición pasada

    • 09 jun 2009 / 21:35
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Representacións teatrais, contacontos, exposicións, obradoiros, montaxes audiovisuais, emisións radiofónicas ou proxeccións de películas serán algunhas das actividades que integran o programa lúdico Bocaberta que, impulsado pola secretaría xeral de Política Lingüística, marca o obxectivo de "fomentar o uso do galego achegándoo dun modo positivo" a "preto de medio millón" de rapaces da comunidade autónoma.

    En rolda de prensa, o titular de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, destacou a "participación altísima" da sociedade neste programa o ano pasado, no que a Xunta inviste 1.100.000 e que conta coa colaboración de 11 editoriais galegas --El Patito Editorial, Baía Edicións, Everest, Galaxia, Xerais, Ir Indo, A Nosa terra, Rodeira, Kalandraka, OQO, Sotelo Branco--.

    Así, explicou que o programa está destinado a rapaces "de entre 13 e 18 anos" para "chegar ás súas inquedanzas a través da empatía" mediante un "grande volume de iniciativas" --en 276 concellos das catro provincias galegas--.

    Tema marcado como favorito