Hemeroteca

Boqueixón organizará o día oito de xuño un roteiro sobre as plantas medicinais

    • 21 may 2019 / 22:05
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    O Concello de Boqueixón organizará o vindeiro día 8 de xuño un roterio de plantas medicinais no local social de Ponte Ledesma. A iniciativa comezará ás 17.00 horas e o obxectivo destas charlas é achegar á veciñanza este tipo de produtos.

    Entre os temas atópanse detalles como mitos e realidades, recolección e conservación, usos e doses e precaucións sobre este tipo de plantas. A continuación, ás seis e media da tarde, realizarase unha ruta guiada pola zona para todas as persoas asistentes.

    A veciñanza interesada en asistir deberá inscribirse no departamento de Cultura do consistorio, ben a través do número de teléfono 981 513 115 ou no enderezo electrónico cultura@boqueixon.com.

    Por certo, que se vén de desenvolver no municipio un curso sobre igualdade de xénero e novas formas de violencia machista. Dita iniciativa formativa estivo impartida pola pedagoga María Isabel Soriano e contou coa asistencia dunha quincena de mulleres que abordaron os recursos para frear este problema.

    Tema marcado como favorito