Hemeroteca

Cálida homenaxe xalleira para despedir á comunidade de relixiosas en Bazar

  • 16 may 2019 / 21:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

SANTA COMBA A parroquia xalleira de Bazar despediu cunha misa, celebración e xantar a tres monxas da Compañía de María, un grupiño de relixiosas que marchan para a súa comunidade na capital galega despois de revolucionar a vida cultural, social e educativa desta localidade, situada nun extremo de Santa Comba. Residen na vella escola unitaria de San Mamede de Bazar (Santa Comba), e elexiron asentarse neste entorno rural despois do Concilio Vaticano II. Entre as labores que desenvolveron dende aquela destacan algunhas como as clases de música, reforzo escolar, organización de campamentos xuvenís, ademais de levar á rapazada da zona a coñecer a praia, tamén axudaron a constituír unha asociación veciñal, prepararon aos nenos para o catecismo e ata crearon o seu xornal local, A Regueifa, sen esquecer que contan co seu propio Facebook: Escola de Bazar. No 2015 foron recoñecidas na gala Xalleiros do Ano, e a elas se lle debe a conservación do inmoble educativo, evitando a súa ruína. Tamén axudaron aos veciños doentes, e hai que suliñarque ata chegaron a poñer en marcha unha biblioteca nesa escola.

Tema marcado como favorito