Hemeroteca

‘Camuflaxe’, o renovado discurso de Lupe Gómez

A obra convírtese nun fenómeno editorial despois de anos de silencio da autora // Hoxe presentarase en Compostela

  • 30 mar 2017 / 19:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A poeta Lupe Gómez rompe o seu silencio de varios anos con Camuflaxe, (Chan da Pólvora Editora). Cunha tiraxe practicamente esgotada ós poucos días de chegar ó mercado. A presentación terá lugar hoxe (20.00 horas) na libraría que leva o nome da editora (Rúa de San Pedro, 74).
Camuflaxe aparece despois dunha época de silencio da autora e xorde como unha necesidade que sente Lupe Gómez co finamento da súa nai, no ano 2013. Así, os seus versos conservan a violencia e contundencia que os caracterizan, pero procuran, segundo a súa propia definición, novas formas e temáticas que enriquezan o discurso poético. A morte, a figura materna e a desaparición da cultura do rural galego e da memoria son as liñas principais sobre as que se articula a obra.
Participarán no acto a propia Lupe Gómez, o editor, Antón Lopo, o cura de Fisteus, Víctor Naveira, e o músico Xabier Díaz.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tema marcado como favorito