Hemeroteca

A capela de San Clemente en Brión, ‘devorada’ pola maleza

PATRIMONIO GALEGO NA UCI. O edificio só conserva parte dos muros en ruína e un arco a piques de derrubarse // Barrallouse como santuario para Santa Minia

  • 05 oct 2013 / 17:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ninguén lembra a ciencia certa cando se construíu a capela de San Clemente de San Fins, en Brión. Un edificio relixioso de planta rectangular construído en pedra, do que hoxe tan só se conservan malamente parte dos muros e a gran arcada (a piques de derrubarse) donde estaría a porta de entrada. O templo atópase nun lugar privilexiado, no medio do monte, a poucos kilómetros da igrexa de San Fins. Aínda que atopalo hoxe, non é tan doado. Contan que se accedía a ela a través dun camiño empedrado que ía da aldea de Quintáns a igrexa de San Fins. Camiño, ermida e a fonte adicada a advocación do papa San Celemente, durmen hoxe no máis absoluto esquecemento, devorados totalmente pola profusa maleza.

A organización galega para a defensa do patrimonio cultural, Patrimonio Galego, mantén na lista vermella da súa web este ben, sinalando que a selva na que se atopa acabará por facela desaparecer, xa que os árbores nacen no muro, rebentando as pedras e esborrallándoos.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tema marcado como favorito