Hemeroteca
ENFIANDO

O capitalismo fósil

    • 06 dic 2019 / 21:08
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    ENDESA mercou as portadas da case totalidade dos medios de comunicación do Reino de España para anunciar as súas "solucións para un cambio climático". A enerxética é unha das empresas que máis contamina en Europa. Outra que tal baila, Iberdrola, copa a fronteira do local de Madrid onde se celebra o cumio mundial. Xunto a ela aparecen outras grandes empresas e bancos, que pagan o evento, responsábeis do deterioro medioambiental, que o capitalismo converteu agora nun slogan, pero é unha realidade cada vez máis amarga e ameazadora.

    Sabíano as multinacionais e sabíano os gobernos desde hai 30 anos, pero, primeiro, decidiron ignorar os informes e, logo, negalos, mentres as emisións de combustíbeis fósiles seguían a aumentar neste tempo nun 60 %.

    O cumio medioambiental de Madrid converteuse n­unha grande campaña publicitaria onde se dan cita as multinacionais e certos políticos que pretenden mellorar a súa imaxe corporativa. Desde a celebrada no 1992 en Río, non se conseguiu nada semellante a un avance, a non ser culpabilizar aos cidadáns e impedir que se dean pasos cara a socialización política.

    A loita contra o cambio climático para ser eficiente ten que ser unha loita polí- tica, unha loita contra o sistema capitalista. Non se po- de salvar este planeta cun sistema baseado na sobre- explotación dos recursos e das persoas, na obsolecencia programada e no ladroízo dos países ricos dos recur- sos dos países pobres. E os do G-20 sábeno.

    Poro o que queren é aproveitar o denominado "negocio climático" como novo nicho de mercado, por iso están presentes na cimeira, por iso están a preparar os cambios necesarios pero a conta dos traballadores e dos países pobres: tratan de perpetuar o sistema e de non perder a hexemonía.

    O capitalismo está baseado nos combustíbeis fósiles.

    Xornalista

    Tema marcado como favorito