Hemeroteca

O CCG reúne nun libro a pluralidade das distintas significacións da cultura

O volume, coordinado por Ramón Maiz, compila catro anos de ponencias e análises

    • 28 sep 2012 / 22:36
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Santiago O Consello da Cultura Galega presentou o libro O(s) sentido(s) da(s) cultura(s), que recolle en 720 páxinas a maioría dos textos presentados e debatidos durante os últimos catro anos no seminario do mesmo título. Trátase dunha contribuciòn "moi sólida e orixinal ao debate sobre o papel da cultura nas sociedades democráticas occidentais", afirmou Ramón Villares, presidente do CCG. Para Ramón Maiz, coordinador do seminario e compilador da obra, o libro permite un achegamento á pluralidade das significacións da cultura desde diversas tradicións intelectuais, olladas persoais e disciplinas académicas". A publicación pode ser descargada desde os dispositivos móviles mediante o código QR.

    Más información en su edición de Orbyt

    Tema marcado como favorito