Hemeroteca

Charlas e obradoiros de orientación laboral para os mozos da Estrada

Pomar anunciou que se van reformar os talleres de FP do IES Antón Losada

    • 13 ene 2020 / 21:29
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    A Estrada. Onte arrancou na Estrada por primeira vez a Mostra de Orientación Educativa e Profesional, posta en marcha polo Concello, e que aínda se desenvolverá hoxe e mañá. Esta iniciativa ten como obxectivo amosar aos estudantes da localidade a oferta de ensino dos centros do municipio, así como outras opcións a nivel universitario, das Forzas Armadas e do Centro Superior de Hostelería de Galicia.

    Durante estas xornadas impartiranse obradoiros no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez arredor da Formación Profesional, así como charlas sobre as súas posibles saídas. Ofreceranse asemade relatorios sobre orientación universitaria e información sobre a oferta de ocio á xuventude. Así mesmo, o instituto de Mugardos vai impartir un taller de Agroxardinería.

    A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, asistiu onte á presentación deste programa e aproveitou a súa estadía para anunciar que o seu departamento "ten previsto licitar dentro deste 2020, probablemente na segunda metade do mesmo, a obra de reforma dos talleres de Formación Profesional do IES Antón Losada Diéguez".

    Tema marcado como favorito