Hemeroteca

O COAG pretende que a sociedade aprenda a respectar os territorios

O proxecto ‘Xentes, espazos e lugares’ ten como principal obxectivo ofrecer unha visión completa das paisaxes// Participan arquitectos, artistas, xeógrafos, xornalistas e sociólogos

  • 28 ago 2012 / 20:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A xente debe ter unha maior capacidade para entender o territorio, xa que coñecer é o primeiro paso para a súa conservación", así o afirmou o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Jorge Duarte, no acto de presentación do proxecto "ambicioso" Xentes, espazos e lugares.

O seu obxectivo principal é ofrecer unha visión completa dos lugares, da man non só de arquitectos, senón de todos aqueles que teñan algo que dicir sobre a complexidade de habitar no noso país.

Nace a raíz do proxecto Terra, que leva máis de dez anos de divulgación na educación primaria e secundaria, e pretende ser un proxecto con certa continuidade, que logre a implicación da sociedade en conceptos relacionados con urbanismo e arquitectura. 

Más información en El Correo Gallego en Orbyt

Tema marcado como favorito