Hemeroteca

Comeza este martes a sexta edición do Opus Monasticorum

    • 17 dic 2012 / 13:13
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Baixo o título ‘Encontros, intercambios e presenzas nos reinos hispánicos’, o grupo de investigación Iacobus (Proxectos e estudos sobre patrimonio cultural) desenvolve a sexta edición do seu encontro científico Opus Monasticorum que se inaugura este martes ás 10.00 horas na Facultade de Filosofía nun acto presidido polo reitor Juan Casares.
    As Facultades de Filosofía este martes e de Xeografía e Historia o mércores e o xoves acollerán relatorios e debates sobre como a historia da arte se nutre dun constante fluxo de correntes nas que a presenza de artistas doutras rexións, a chegada de ideas doutros lugares e o encontro de culturas diferentes fixo florecer novos conceptos artísticos, tamén na Península Ibérica e o resto de reinos hispánicos de ultramar.
    No encontro trataranse cuestións concretas como a xestión do patrimonio cultural da costa norte de Galicia, o turismo relixioso, exemplos de conservación de vilas como Betanzos ou Padrón, a emigración temporal de artistas galegos ou o panteón real da Catedral de Santiago, ata temas que teñen que ver co patrimonio cultural en Iberoamérica ou un repaso pola arquitectura relixiosa en diferentes rexións de España.
    O GRUPO IACOBUS
    O grupo Iacobus da USC foi creado en 2004 para, ademais da súa propia vocación investigadora, servir de difusora da riqueza do patrimonio cultural galego a través de diversos proxectos nos ámbitos autonómico e estatal e en colaboración con institucións tamén do estranxeiro.
    Os vinte integrantes do grupo desenvolve nas súas investigacións en campos asociados coa historia da arte e o patrimonio cultural, especialmente a xestión de bens, o comisariado e documentación para exposicións temporais e programas museográficos, a arte e a cultura xacobea, a arquitectura, e a paisaxe e as artes plásticas entre os séculos XVI e XXI.

    Tema marcado como favorito