Hemeroteca

Cortes para mellorar a rede de abastecemento noiesa

  • 16 sep 2019 / 21:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Concello de Noia acometerá hoxe obras de mellora na rede municipal de abastecemento de auga ao seu paso pola Corredoira Luís Cadarso que permitirán avances no servizo que reciben os veciños das rúas Galicia e Travesía. Uns traballos que serán executados polas brigadas municipais de Obras e durante os cales estará interrompido o servizo de subministro de auga (entre as 08.00 e as 15.00 horas) nas rúas Santísima Trinidade, Corredoira Luís Cadarso, Galicia e Travesía. Nesta última, ademais, tamén se restrinxirá o tráfico de vehículos. O edil de Obras, Martín Fernández, explicou que "imos instalar unha válvula de corte que nos permitirá garantir o mantemento do servizo aos veciños e veciñas, aínda que se produza outra avaría na zona".

Tema marcado como favorito