Hemeroteca
música

Cultura crea o I Certame Galego de Bandas de Música Populares

A Consellería achegará 250.000 euros para a actividade destes grupos ·· As subvencións cubrirán ciclos formativos, organización de encontros e foros internacionais

    • 23 may 2007 / 23:12
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, reuníronse onte en San Caetano co presidente da Federación Galega de Bandas de Música Popular, Emilio Vázquez Guerra, para anunciar a creación do I Certame de Bandas de Música Populares e para apontoar o apoio do departamento a estes grupos con 250.000 euros.

    Co obxectivo de potenciar as actividades das bandas de música galega, Cultura acordou cos responsables da Federación Galega de Bandas de Música a celebración do I Certame de Bandas de Músicas Populares que terá lugar o 23, 24 e 25 de novembro en Compostela. En total destinaranse 90.000 euros para a celebración do evento, no que competirán 21 bandas seleccionadas previamente. Este espazo converterase nun punto de encontro para a posta en valor da música que se interpreta no país.

    Por outra banda, acordouse achegar desde a Consellería 80.000 euros dirixidos á organización de máis de 50 encontros de Bandas de Música que cubrirían os custos de publicidade e a coordinación e o seguimento dos actos. A difusión das bandas non só se vai limitar ao territorio galego polo que anunciou tamén un investimento de 50.000 euros para competicións internacionais. Contribuirase tamén con 30.000 euros ó financiamento de actividades formativas, á publicación de revistas e á renovación e galeguización do repertorio. Desenvolverase ademais un apoio específico á Banda Sinfónica da Federación.

    Tema marcado como favorito