Hemeroteca

Despiden en Rianxo aos catro rapaces do Sáhara

  • 05 sep 2019 / 20:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Nayet, Mustafa, Munina e Fatma son os nomes dos rapaces saharauís que neste verán estiveron ao coidado de catro familias rianxeiras acolledoras. De idades entre 11 e 13 anos é unha constante nestes anos que veñan a esta localidade fuxindo dos rigores do verán extremo dos campamentos de refuxiados onde viven expulsados por Marrocos que ocupa o Sáhara. Durante a estancia, reciben asistencia médica en virtude dos acordos co Sergas e viven en familia durante os piores meses de calor. Asisten ás actividades de lecer do concello rianxeiro e intégranse nas actividades familiares recibindo todas as atencións médicas e afectivas posíbeis baixo a súa tutuela. Foron recibidos no concello de Rianxo amosandolles a solidariedade co Frente Polisario.

Tema marcado como favorito