Hemeroteca

En dous anos só se executou un 25 % das beirarrúas dunha vía ribeirense, que seguen paradas

Según o Concello, existe un problema relacionado co firme, pero o PSOE critica que aínda non se resolvera

    • 28 jul 2019 / 21:55
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    O portavoz municipal dos socialistas de Ribeira, José Manuel Vilas, vén de presentar unha moción na que insta ó goberno local a explicar os motivos do retraso na construción das beirarrúas na rúa Alcalde Fernández Bermúdez, que empezaron en maio de 2017. Esta semana colocouse a barandilla de protección na zona na que fai máis de dous anos se empezou a construir o muro de contención e as beirarrúas. Ditas obras quedaron paralizadas no mes de xullo do mesmo ano e seguen así na actualidade.

    "A razón esgrimida polo Concello foi a dun problema de firme", din os socialistas, que engaden que "sobre a obra aprobada en pleno, e licitada, só se fiso aproximadamente o vintecinco por cento, estando o resto pendente de execución, debido a un problema xeotécnico". A mencionada formación lembra que se trata dunha obra que pode considerarse como menor, "polo que as distintas variables de execución pasan por un posible pilotaxe con muro de contención, pero tamén pode realizarse cunha falsa lousa de soporte e pilares aislados, ou con bloques de pedra, tipo perpiaño, ou ménsula". O vial (que dá acceso ó complexo polideportivo da Fieiteira) carece de paso peonil nun punto no que ademais hai un terraplén, o que supón un serio risco para os viandantes.

    Tema marcado como favorito