Hemeroteca

Escolas Católicas entrega os XV premios Martín Sarmiento

    • 04 may 2019 / 22:55
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    EDUCACIÓN No hotel San Francisco de Santiago tivo lugar o venres a entrega da décimo quinta edición dos premios Sarmiento e da XI do certame de curtametraxes REC.curta. O acto fo inagurado por Valentín García, secretario xeral de política lingüística, e por Juan Manuel Buján, presidente da xunta directiva de Escolas Católicas. Os case 3.000 lectores dos colexios da federación decidiron que os gañadores foran Lito Vila Baleato con Campus Morte; Descoñecidos, de David Lozano; A incrible viaxe de Noa, de Fernando M. Cimadevila; Ledicia Costas e A Señorita Bubble; Catro Pedras Vellas de Pere Tobaruela; e María Lado con Cinco Minutos. Entre o alumnado de Infantil o gañador foi Un máis de Olalla González. As curtas premiadas son Radio, presentada por alumnado dos Padres Franscicanos de Lugo e Os García, dos estudantes do colexio María Inmaculada de Vigo.

    Tema marcado como favorito