Hemeroteca
Esquerda Unida rompeu a súa alianza con Boiro Novo
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
A asemblea de Esquerda Unida de Boiro decidiu non concorrer ás eleccións municipais con Boiro Novo, rachando así unha alianza establecida en 2015 coa que obtiveron un escaño na Corporación. Xustifican a medida alegando que "tentamos dende un principio que os conflitos da chamada confluencia, a nivel nacional e
federal, non se trasladaran ao espazo local, pero lamentablemente isto non foi así e agora vémonos
na obriga de abrir un novo tempo político fóra". Pola súa banda, dende a outra formación sinalan que "lamentamos que por motivos e circunstancias partidarias a nivel galego e estatal, xente moi válida de EU se vexa obrigada a
apartarse do proxecto municipalista" e abren as portas a quen queira sumarse a título individual.
Tema marcado como favorito