Hemeroteca

Estar en familia, comprar ropa de bebé o tomar el vermú, planes del día de reflexión

    • 08 nov 2019 / 22:32
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    María Cadaval "é preciso un goberno estable que encare os malos datos que empezan a translocer" 1 Cataluña -e non Franco- está no centro dunha campaña con claro compoñente estratéxico máis que ideolóxico, na que a preocupación sobre a ralentización económica non parece primar. Nesa estratexia, PSOE e PP teñen optado pola moderación. Sánchez trata de manter un equilibrio complexo entre a man dura contra o independentismo radical e a defensa dunha España federal e plurinacional. Casado rebaixa o ton. Agora non se deixa arrastrar por Cs e Vox, que seguen a pedir a suspensión da autonomía catalá, mentres Unidas Podemos se mostra comprensiva co referéndum. Ningunha destas viraxes son neutrais, no fondo transloce o principal problema: o desbloqueo. A situación actual é a peor posible porque non permite encarar os retos da industria, da transición enerxética, das reformas pendentes nin ter orzamentos. É preciso un goberno que rompa coa improvisación e encare os malos datos que comezan a translocer. 2 Os dous elementos que semellan ser determinantes son a abstención e a os votos que pesquen os demais partidos no caladoiro de Cs. Se a enquisa válida fose a do CIS, o bloqueo non sería tal e o PSOE conseguiría poder gobernar apoiado por un so partido. Pero se a realidade non cadra con isto, abriríase de novo a espita multipardista ou a posibilidade dun goberno á portuguesa. O reto esta en formar un goberno estable. 3 Si, os datos así o din. Do barómetro do CIS tírase que o 35% que din que non van ir a votar o 10-N é porque están fartas da política. Outro dato é a baixada do voto por correo nun 30%. Catro eleccións en catro anos xustifican o cansazo, mais iso non pode ser escusa. 4 É inevitable que os candidatos galegos pensen nas autonómicas. O PP ten o reto de darlle a volta aos resultados do 28-A e poñerse por diante do PSdeG, situación que tratará de evitar Gonzalo Caballero, para o que sería clave tamén que o BNG obtivese representación para facer crible unha alianza da esquerda despois do que quedou do baile de siglas de En Marea. Miguel Ángel Vázquez Taín "a pesares da desafección, o sentido da responsabilidade fará que vaiamos a votar" 1 Me preocupa o que poida pasar esta semana co tema catalán e que poida marcar hoxe a xornada de reflexión e a do día das eleccións, máis que poida incidir no voto. Persoalmente, gustaríame que a situación económica de desaceleración, que non de recesión, e os programas dos partidos ao respecto fosen o eixo do que resta de campaña e marcasen o voto. 2 Nunha situación como a que agora parecen predicir as enquisas creo que os grandes partidos constitucionalistas teñen que ter altura de miras, posición de Estado e garantir a gobernabilidade. Desgraciadamente teño poucas esperanzas ao respecto. 3 Creo que a pesares do cansanzo da cidadanía e da desafección que os políticos nos están xerando respecto da política, o sentido de responsabilidade da sociedade fará que vaiamos a votar. 4 Aínda que penso que as eleccións autonómicas do ano próximo en Galicia teñen una clave distinta, rematadas estas eleccións comeza a "campaña electoral" na nosa comunidade. O Goberno que se conforme en España e a solución, ou non solución, aos problemas e demandas de Galicia sen dúbida van influír no resultado.

    Profesora de Economía Aplicada da USC Prof. Economía Política e Fiscalidade Empresarial da USC

    Pasar el día con la familia y los amigos, comprar ropa para un bebé que viene camino y tomar el vermú son algunos de los planes que los políticos gallegos escogieron para la jornada de reflexión. El secretario xeral del PSdeG, Gonzalo Caballero, aprovechará para estar con su familia y amigos. Por su parte, la cabeza de lista del PP a la Cámara baja por A Coruña, Marta González, estará en Bertamiráns y Brión con su familia antes de asistir a un magosto en Santiago con compañeros de partido. Esta celebración típica del otoño gallego será también la opción elegida por la número uno por Pontevedra, María Ramallo. Por su parte, la cabeza de cartel de En Común Unidas Podemos por Pontevedra al Congreso, Yolanda Díaz, paseará con su pareja y su hija, a la que irá a comprar un libro, mientras la candidata a la Cámara baja de Cs por A Coruña, María Vilas, irá con sus allegados a una tienda de ropa para bebés en Santiago para comprar alguna cosa para su futura hija. La nacionalista Ana Pontón, tomará un vermú en la Praza de Abastos de Santiago acompañada por el 'número uno' del BNG al Congreso por A Coruña, Néstor Rego.

    Tema marcado como favorito