Hemeroteca
filme
Estrea de 'O crime da Legua Dereita', esta noite no Salón Teatro
É un 'thriller' baseado nun terrible suceso real acontecido en VilalbaÉ un traballo do director Luis Noriega producido por Cool Films Galicia, de Lugo
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle este mércores día 5, ás 20.30 horas, a presentación en Santiago de Compostela do filme O crime da Legua Dereita, longametraxe do director Luis Noriega producida por Cool Films Galicia.
Esta é a primeira ocasión na que a produtora lucense exhibe un dos seus traballos en Compostela, para o que preparou unha sesión especial que dará comezo coa proxección da curtametraxe 'Espejos', asinada tamén por Cool Films e interpretada por Arturo Santos Zas. A entrada para este evento é libre, previa retirada dos convites no despacho de billetes do Salón Teatro.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt
Tema marcado como favorito