Hemeroteca

Fin de Galeuropa na Mancomunidade de Ordes con un obradoiro de emprego

    • 05 dic 2019 / 21:21
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    A Mancomunidade de Ordes puxo en marcha o último acto dentro do programa de mobilidade transnacional xuvenil, Galeuropa. Foi un obradoiro de emprego no que, entre outros aspectos, se abordaron as canles de busca de traballo e outras relacionadas coa promoción das persoas demandantes. En total participaron 15 mozos de entre 18 e 30 anos, os mesmos que nos últimos meses se desprazaron ata Portugal, Malta e Italia para realizar prácticas laborais en distintos sectores e mellorar o idioma estranxeiro. Tras a finalización do curso procedeuse á celebración do acto de clausura do programa Galeuropa 2019, ao que asistiron a presidenta da Mancomunidade, Susana García Gómez; o alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro; e a concelleira de Muller, Ensino e Benestar Social do Concello de Oroso, Isabel Fernández Gallego. Nesta cerimonia as persoas participantes puideron intercambiar opinións cos representantes de dita entidade. Dito proxecto está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e implantado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

    Tema marcado como favorito