Hemeroteca

Gadis edita 30.000 volumes e difunde o legado de Fraguas

A compañía de alimentación recordará ao homenaxeado no Día das Letras con marcapáxinas e bolsas de compra

  • 09 may 2019 / 22:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Supermercados Gadis reforza o seu vencello coa difusión da literatura galega e lingua a través dun plan de accións pola celebración do Día das Letras Galegas, á que a compañía amosa o seu apoio.

Neste 2019, a compañía de alimentación rende homenaxe ao autor conmemorado o vindeiro 17 de maio. Antonio Fraguas (Cerdedo-Cotobade, 1905-Santiago, 1999), mestre universitario e escritor, contribuíu de forma resolutiva á apertura de coñecemento sobre a identidade e cultura galegas, o que o levou a dirixir o Museo do Pobo Galego e a ser membro do Seminario de Estudos Galegos.

Co obxectivo de ensalzar o seu legado, a firma dá continuidade a unha acción coa que foi pioneira hai anos, convertendo as súas bolsas da compra nun instrumento de difusión cultural.

Este ano, incluirán un fragmento dos textos do homenaxeado en Aportacións ó Cancioneiro de Cotobade, aínda que hai unha novidade: seguindo as pautas establecidas no seu plan de Responsabilidade Social Corporativa, as bolsas son de papel. Distribuiranse 60.000 o 16 de maio.

Tamén se repartirán 30.000 marcapáxinas c­unha peza extraída de A Festa Popular en Galicia, outra das obras de Antonio Fraguas.


Patrimonio literario. Tempo atrás, Gadis deu un paso máis co seu programa de defensa do patrimonio literario galego, respaldando traballos de autores do pasado e tamén do presente. Fíxoo impulsando a edición de libros na nosa lingua. Nos derradeiros 15 anos regaláronse 300.000 exemplares distribuidos nos seus puntos de venda.

Nesta ocasión, Gadis edita 30.000 libros de Relatos da Ulloa, unha antoloxía de 13 obras curtas de autores galegos que afonda nas raíces do universo literario da Comarca da Ulloa. Este proxecto editorial do Instituto de Estudos Ulloáns está coordinado por Xulio Pardo de Neyra, filólogo e profesor da Universidade da Coruña, e a súa proposta vai dirixida tanto a un público xuvenil como adulto. Os exemplares regalaranse nos establecementos de Gadis de toda Galicia o día 16 de maio ata fin de existencias. Ademais, co gallo da celebración do Día das Letras, a compañía estende este plan de acción co apoio a concellos, asociacións culturais e fundacións galegas que levarán a cabo iniciativas propias en colaboración con Gadis.

Tema marcado como favorito