Galicianistas de todo o mundo acoden estes días a Bos Aires
O secretario xeral de Política Lingüística participa no XI Congreso Internacional da Asociación de Estudos Galegos
O secretario xeral de Política Lingüística quixo lembrar a figura do profesor Filgueira Valverde a quen se lle dedicará o próximo Día das Letras Galegas, tan relevante en tantos campos dos estudos galegos, pero recoñeceu que "un só home mesmo un home da súa vasta cultura non sería abondo para chegar á profundidade e cantidade dos estudos galicianistas actuais. En só unhas décadas, a investigación xurdida á calor do interese espertado fóra da nosa comunidade arredor da lingua e da cultura de Galicia multiplicouse e púxose á altura de estudos de longa tradición".
Nesta mesma liña, destacou que "o galeguismo sempre estivo aberto ao mundo e os homes e mulleres da xeración de Filgueira apostaron por exportar a nosa lingua e cultura e por incorporar as achegas que, dende fóra das nosas fronteiras, se lles puidesen facer a elas, tal e como fai hoxe a Asociación Internacional de Estudos Galegos".
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt