Hemeroteca
García garante o apoio da Xunta aos maiores
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
A conselleira de Política Social, Fabiola García (co micro na foto), destacou onte o esforzo da Xunta por construír unha Galicia cada vez máis coidadosa e atenta ás inquedanzas das persoas maiores. Fíxoo durante a décimo novena xuntanza de confraternidade dos xubilados de O Son. García sinalou que o obxectivo é continuar e achegar ata a porta da casa os recursos que os de máis idade precisan no seu día a día para que así poidan permanecer nas súas contornas e ao carón das súas familias. Neste sentido, referiuse ao reforzo de programas como o Servizo de Axuda no Fogar ou o Xantar na casa. A conselleira sinalou que estes homenaxeados son un dos piares fundamentais de Galicia.
Tema marcado como favorito