Hemeroteca

Incentivan o emprego entre a poboación de Rois, Dodro e Padrón

Celebrarase o programa integrado Terras de Iria VI que formará en textil ou hostalería

  • 13 ene 2020 / 21:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Un cento de parados de Dodro, Padrón e Rois recibirán formación e prácticas laborais en sectores como o metal, o comercio, o téxtil industrial ou a hostalería grazas ao programa integrado de emprego Terras de Iria VI. O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, asistiu onte a Padrón á presentación desta iniciativa que nos últimos anos chegou a 500 persoas cun apoio de 900.000 euros.

A formación que obteñan complementarase con coñecementos básicos de carácter transversal (como novas tecnoloxías e idiomas), ademais de prácticas laborais, prospección de empresas e intermediación laboral, mobilidade laboral e bolsas de asistencia, apuntou Pablo Casal.

Explicou asemade que en Galicia "se están desenvolvendo 46 programas integrados cun investimento de máis de 10,5 millóns para 4.600 desempregados e o compromiso de acadar unha inserción do 35%". Ademais, insistiu, é unha aposta pola formación "que representa unha prioridade para a Xunta, co obxectivo de crear máis e mellor emprego para toda a Comunidade e de contar cunha Galicia máis preparada, obxectivo ao que se prevé destinar, durante este ano, máis de 260 millóns de euros", apuntou.

Estos tres concellos recibiron, no que vai de lexislatura, apoios por un total de 1,5 millóns para impulsar a contratación de desempregados, axentes de emprego e desenvolvemento local, persoas en situación ou risco de exclusión social e para o fomento do emprego no rural. Casal salientou a importancia de adaptar as cualificacións aos perfís profesionais que precisan as empresas para xerar emprego de calidade.

Tema marcado como favorito