Hemeroteca

Inician un plan para protexer no Barbanza á píllara papuda

En praias da zona vive un 40 % da poboación galega da especie

  • 06 ago 2019 / 21:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A organización non gubernamental SEO BirdLife, dedicada á conservación das aves e da natureza, vai iniciar un proxecto para a conservación da píllara das dunas (chorlitejo patinegro) nas praias de Ribeira, Boiro, A Pobra, Noia e O Son, donde se concentra entre o trinta e o corenta por cento da poboación galega de dita especie. A península do Barbanza é a área xeográfica máis importante de Galicia para este ave de pequeno tamaño, considerada vulnerable polo Libro Vermello das Aves de España e que figura no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

O plan, que desenvolverá o grupo local SEO-Pontevedra, coa participación de voluntarios e profesionais da ONG, contará tamén coa colaboración da delegación da organización conservacionista en Asturias.

As accións de conservación, que contan co financiamento da Deputación da Coruña, desenvolveranse coincidindo principalmente co período reprodutor da especie e coa época de maior afluencia de turistas ás praias galegas. Entre os seus obxectivos destacan favorecer a participación na súa protección por parte das institucións e actores públicos relevantes cun impacto nos areais prioritarios da comarca barbanzá.

Ademais, contribuirá á preservación dos niños nas mesmas e a sensibilizar e informar á poboación adulta e infantil sobre a importancia de levar a cabo estas medidas. A área de traballo inclúe parte da costa norte da ría de Arousa e a sección occidental que vai desde o Parque Natural de Corrubedo ata Noia. A poboación galega invernante ten unha ampla distribución, especialmente en zonas intermareais, calas, praias e estuarios. Pero durante o período reprodutivo (entre abril e agosto), só ocupa praias con dunas de vexetación dispersa.

Tema marcado como favorito