Hemeroteca

A investigación matemática resolve problemas da industria da enerxía limpa

A universidade achégase ás empresas e propón melloras para un tellado con captador térmico e unha plataforma maremotriz

    • 01 nov 2012 / 21:55
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Os matemáticos dos campus galegos seguen a reforzar a súa aposta pola transferencia de coñecemento ao seu contorno. Científicos das tres universidades celebraron en Santiago hai unhas semanas a súa quinta edición das xornadas de consulta matemática para empresas e institucións, que deron como froito propostas para optimizar o deseño dunha plataforma flotante de xeración de enerxía a partir das correntes mariñas e un captador solar térmico de lousa.

    Os dous problemas foron expostos por empresas galegas visitadas polos científicos nos últimos meses, dentro dun programa de achegamento ao tecido produtivo no que contan co apoio do Instituto Tecnolóxico de Matemática e Industria –que integra as tres universidades e o Cesga– e a Rede Española de Matemática-Industria.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    Tema marcado como favorito