Hemeroteca

Lete Lasa tende a man do Deporte Galego aos avances tecnolóxicos

O secretario xeral clausurou onte as xornadas organizadas por R e Cinfo coa axuda da Xunta

  • 21 mar 2019 / 22:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, clausurou onte pola mañá as xornadas de Tecnoloxía e deporte organizadas por R e Cinfo coa colaboración da Xunta de Galicia. Na súa intervención, o mandatario galego sinalou que "mesmo os mellores deportistas do mundo precisan da tecnoloxía para mellorar o seu rendemento". "A tecnoloxía avanza a un ritmo tan frenético que de non subirnos ao seu tren podemos quedar desbancados para sempre da evolución", sentenciou.

O secretario xeral fixo fincapé na relevancia do Big Data e da intelixencia de datos que nos ofrece análises e un traballo de scouting que outorga aos deportistas a posibilidade de mellorar a través do estudo dos seus movementos. Entre os ponentes estiveron: Alfredo Ramos, Director Xeral de R; Antonio Rodríguez del Corral, CEO de CINFO; Gabriel Barros, voceiro do R.C. Deportivo da Coruña; Gonzalo Rodríguez Palmeiro, adestrador axudante do Monbus Obradoiro, falou do caso de éxito deste equipo no uso das novas tecnoloxías aplicadas ao baloncesto profesional; e Alberto Díaz, responsable de Transformación Dixital de R.

Tamén houbo dúas mesas profesionais sobre o tema dos dereitos audiovisuais do deporte non maioritario e outra sobre o uso de ferramentas tecnolóxicas para xestionar as entidades deportivas e xerar ingresos, entre outras posibilidades.

Tema marcado como favorito