Hemeroteca

Libro-cd da memoria na radio de Galicia e a súa emigración

‘Maruxa Boga. Recordando a Galicia’ afonda na figura desta muller pioneira da radiodifusión e con fama na Arxentina

  • 12 nov 2017 / 20:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura, apoia a publicación do libro-CD Maruxa Boga. Recordando a Galicia, de aCentral Folque, que recupera a figura desta muller emblemática da diáspora e a memoria do programa máis popular e lonxevo da radio galega na Arxentina. A obra preséntase hoxe luns, ás 19.00 horas, na sede do Consello da Cultura Galega (CCG), que colabora con esta publicación a través dos seus arquivos gráficos e sonoros.

No acto van estar presentes o secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o xornalista Jesús Blanco, un dos autores do libro; Ramon Pinheiro, director artístico de aCentral Folque, e María Xosé Porteiro, en representación do Consello da Cultura Galega. A presentación completarase coa actuación de Alejandro Vargas ao piano e a voz de Alba María, que reinterpretarán dúas cancións contidas no disco do libro, da colección Chave Mestra.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tema marcado como favorito