Hemeroteca

O libro de Xosé Neira Vilas ‘Contos vellos para rapaces novos’, nunha nova edición

Publicado por Bolanda, preséntase hoxe no santiagués hotel Monumento San Francisco

  • 07 jun 2016 / 21:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O compostelán hotel Monumento San Francisco acollerá esta tarde a presentación da obra de Xosé Neira Vilas Contos vellos para rapaces novos, unha nova edición do coñecido título, publicado por primeira vez en 1983 por Ediciós do Castro con ilustracións de Xosé Vizoso, na que o autor incluíu novos relatos que completan a fermosa colección de contos de tradición oral dos cinco continentes.
Ademais das novas historias, a obra conta cun valor engadido: as fermosas ilustracións creadas por unha das autoras galegas con maior proxección no sector, Antía Barba Mariño, e que, grazas ao gran formato da obra, acadan unha relevancia transcendental facendo do libro "unha auténtica xoia".
Así o asegura o editor, lembrando as palabras do propio Neira Vilas cando viu o libro, cuxa presentación estaba prevista para uns días despois do repentino pasamento do autor.
O acto terá lugar agora como homenaxe ao autor e á súa obra, un referente na literatura galega de todos os tempos. Na presentación participarán, ademais do editor, o presidente da Fundación Neira Vilas, Luis Reimóndez; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tema marcado como favorito