Hemeroteca

Liña directa co CERN... en galego

Seis mil estudantes conéctanse por videoconferencia con científicos do maior acelerador de partículas do mundo

  • 06 nov 2012 / 18:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Uns seis mil estudantes de secundaria dun cento de colexios e institutos de Galicia participaron hoxe na videoconferencia de seis científicos galegos que traballan na análise de datos do maior acelerador de partículas do mundo, ubicado no Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN), en Xenebra. Os alumnos puideron trasladarlles as súas preguntas a través do Twitter a Patricia Conde, Olalla Castro, Abraham Gallas, Carlos Salgado e Cibrán Santamarina, contectados dende o LIP de Lisboa, a City University de Londres, o propio CERN e a Facultade de Física de Santiago de Compostela.
A actividade foi posible grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGEDNL), que celebraron deste xeito o Día da Ciencia en Galego. Durante algo máis dunha hora, os estudantes puideron chatear e charlas.

O Gran Colisionador de Hadróns (LHC) do CERN leva xa uns dous anos de toma de datos. O pasado mes de xullo, o CERN anunciou a descuberta dunha resonancia que podería ser o bosón de Higgs, a alcumada, a pesar de científico que lle deu nome, como a partícula de Deus. A videoconferencia cadrou coa visita de Higgs a Barcelona, onde criticou o "abandono terrible" da ciencia por parte do Goberno de España.


 

Tema marcado como favorito