Hemeroteca

Lourenzo, premiado co Álvaro Cunqueiro de textos teatrais

Tamén foron galardoados Carlos Labraña, Roi Vidal e Inacio Vilariño// Ponse en valor a historia da dramaturxia galega

  • 16 nov 2016 / 22:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O autor Manuel Lourenzo resultou elixido ­gañador do XXIII Premio Álvaro Cunqueiro de textos ­teatrais coa súa obra Suite ­Artabria.
Así o anunciou onte o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que presidiu na Cidade da Cultura de Galicia o acto de comunicación e entrega dos premios de literatura dramática da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
Ademais da Manuel ­Lourenzo, que recibe o Álvaro Cunqueiro por segunda vez, a Axencia recoñeceu este ano o labor de Carlos Labraña, que gañou o IX Manuel María de ­literatura dramática infantil con O valo.
Ademais, o XII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade de adultos foi para Roi Vidal, con Marcha fúnebre para un monicreque, mentres que Inacio Vilariño se fixo co de infantil por Os golfiños e ou xigante.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tema marcado como favorito