Hemeroteca

Máis dun centenar de deportistas na IV Bandeira Reganosa

A quinta regata da Liga Galega de Traíñas foi presentada onte no Concello de Mugardos

    • 17 jul 2014 / 22:28
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    O concello e Mugardos acolleu onte, pola mañá, a presentación da IV Bandeira Reganosa, proba da Liga Galega de Traíñas. O acto celebrouse en presenza do alcalde e a concelleira de Deportes, así como membros do Club do Mar de Mugardos e de Reganosa, empresa patrocinadora do evento deportivo que vén de consolidarse na súa cuarta edición.

    A proba, que se celebrará o vindeiro 27 de xullo ás 12 horas, reunirá máis dun centenar de deportistas de oito clubs de ámbito galego, con ampla representación de Ferrolterra. Como novidade, o cartel deste ano é un deseño obra do mugardés César Pena. O Club do Mar de Mugardos aspira a quedar entre os tres primeiros clasificados para conseguir o ascenso á máxima categoría de traíñas.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt

    Tema marcado como favorito