Hemeroteca

Máis de trinta actuacións en 2019 no proxecto 'Digitalent'

Hai novidades como a iniciativa do Grupo Kiom a través das súas empresas Sivsa e Coremain para facer talleres de ideas

  • 16 dic 2018 / 22:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Nestes tempos, as ferramentas dixitais acadan espazo en diferentes sectores e actividades socias, e nesa liña vai o Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent.

Este proxecto da Xunta estreará tres iniciativas en 2019 con accións divulgativas para reforzar a imaxe dos profesionais vinculados ás TIC (tecnoloxías da información e da comunicación), dinámicas de inmersión tecnolóxica e eventos para potenciar o talento en torno ás novas tendencias dixitais.

En total o Plan sumará ata 33 actuacións (12 lideradas integramente por empresas). Entre as novidades de 2019 está a iniciativa do Grupo Kiom a través das súas empresas Sivsa e Coremain que organizará talleres de ideas combinados con demos e actividades lúdicas nas súas instalacións, que permitirán a estudantes de 7-16 anos achegarse a proxectos relacionados con ámbitos como o sanitario, o coche conectado ou os drons. Televés porá en circulación unha unidade móbil equipada con material de telecomunicacións e robots deseñados e fabricados pola empresa, coa que visitará distintos centros educativos galegos para que alumnos e alumnas de secundaria e bacharelato se familiaricen coas novas tecnoloxías, que se complementará con visitas á fábrica.

Ademais, o Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio (CEIN) de DXC Technology organizará no mes de febreiro o Hackaton Big Data & Analytics, en colaboración coa Amtega e Meteogalicia.

O CEIN tamén ofrece asesoramento especializado a titulados universitarios a través do seu programa Observatorio Tecnolóxico DXC, desenvolvido conxuntamente coa Universidade de Santiago (USC).

E o programa Tecnólogo por un día, xa en febreiro, o abrirá o prazo para que estudantes de 12-17 anos poidan a experimentar en primeira persoa un día de traballo no marco das profesións dixitais.

Tamén a partir de xaneiro Iecisa desenvolverá DixiXogo, unha serie de actividades e talleres lúdico-formativos nas que os nenos e nenas de 6-14 anos adquirirán habilidades dixitais a través do xogo, e os centros educativos poderán inscribirse en DXC Codes, a fase local dunha competición internacional de programación de xogos en linguaxe Scratch,

DigiTalent é un plan integral que combina distintas medidas para todo o ciclo vital: a infancia, con medidas para impulsar as vocacións STEM; a xuventude, para facilitar a adaptación aos novos perfís dixitais.

Tema marcado como favorito