Hemeroteca

Manuel López Rodríguez expón en Boiro imaxes que complementa con poemas

Fotografías intervidas con óleo protagonizan a mostra do artista noiés no centro social

  • 19 mar 2019 / 23:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O centro social de Boiro acolle este mes a exposición titulada Mostra branca, do noiés Manuel López Rodríguez. Trátase dun conxunto de imaxes intervidas mediante óleo e complementadas con poemas da súa creación.

"Está montada arredor desas estampas que, de forma case espectral, ocupan os espazos como consecuencia do tempo e a natureza, e que apenas poden ser recoñecidas polo ollo humano unha vez son tiradas do contexto", sinala o artista. As visións apañadas a xeito de recreación fotográfica forzan unha reacción no autor que o leva a actuar intervindo nelas: primeiro, na impresión (afastando toda realidade desde unha perspectiva case filmográfica) e, logo, por medio da pintura.

"Pola súa banda, as poesías tentan depositar claridade sobre o que non chega a comprenderse (case unha explicación fracasada), mais que conleva un constante tentar controlar o territorio no que a razón se move", engade.

Tema marcado como favorito