Hemeroteca

En marcha o novo grao de Innovación Gastronómica

  • 14 oct 2019 / 23:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

HOSTELERÍA O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, destacou onte o enorme futuro do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) que marcará un "antes e un despois" na traxectoria do centro, con máis de 25 anos de historia, así como no resto do sector turístico galego. Fíxoo durante o acto de apertura do curso académico do CSHG na que tamén participou o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, así como profesores, alumnos e exalumnos. O conselleiro destacou, por exemplo, o proxecto que inclúe a implantación do grao de Innovación Gastronómica e Xestión Hoteleira, que botará a andar na USC no curso 2021-2022, coincidindo coa celebración do Xacobeo 21.

Tema marcado como favorito