Hemeroteca

Mellora da seguridade en corenta e tres pasos de peóns da vila carballesa

    • 08 oct 2019 / 20:43
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Carballo. A Xunta de Goberno Local de Carballo adxudicou á empresa Construcciones Ramón Vázquez y Reino as obras de mellora da seguridade viaria nos 43 pasos de peóns con maior intensidade de tráfico rodado e peonil no núcleo urbano da capital municipal.

    Concretamente actuarán nos situados nas rúas Compostela, Avenida Milagrosa, Avenida Fisterra, Vázquez de Parga, Luis Calvo, Daniel Castelao, Fomento, Gran Vía, Sol, Berdillo, Poñente, Fábrica, Malpica, Razo, Perú, Avenida Ponte da Pedra, Vicente Risco e Río Anllóns.

    O tipo de traballos que levarán a cabo variará en función da situación de cada paso de peóns. As actuacións proxectadas centraranse na mellora da iluminación, da sinalización horizontal e vertical e noutras medidas enfocadas ao calmado do tráfico.

    O proxecto será cofinanciado entre o Concello de Carballo e a Deputación da Coruña, segundo o convenio asinado en marzo.

    Tema marcado como favorito