Hemeroteca

O Mes da Ciencia en Galego adícase ao físico do Bermés

A Xunta e o Concello de Lalín presentaron os actos da homenaxe, que se celebra o día 17

  • 13 nov 2014 / 20:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Lalín presentaron onte os actos cos que ambas institucións celebrarán na capital do Deza, o próximo día 17, o Mes da Ciencia en Galego, que se lle dedica este ano ao matemático e físico lalinense Xosé Rodríguez González.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, foi o encargado de explicar que se escolleu Lalín para a celebración deste ano por ser o concello de nacemento do científico homenaxeado, Xosé Rodríguez, tamén coñecido como o matemático de Bermés, en referencia a súa parroquia de orixe. Nesta presentación interviñeron tamén o primeiro tenente de alcalde do Concello, Román Rodríguez e a edila de Cultura, María Álvarez.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt

Tema marcado como favorito