Hemeroteca
Director literario de Edicións Embora

Miguel Toval: “Os libros e o galego teñen cada vez menos apoio dos gobernos”

{ Ferrol, 1966 } A aventura de Edicións Embora naceu hai 25 anos, para lanzar desde entón ata 400 títulos para ledicia dos lectores de todas as idades. O seu director literario, Miguel Toval, é bizneto dun linotipista de El Correo Gallego. E agora celebra o poder da palabra e do papel: un formato cada vez máis vivo, que Embora tamén usou para rescatar a sempre fascinante historia de Ferrol.

  • 10 may 2018 / 22:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Como naceu a aventura de Embora que xa chega a 25 anos?
Catro persoas decidimos crear a editorial en 1993 para publicar unha recopilación de textos xornalísticos: Ferroláns de Guillermo Llorca, un diccionario de ilustres. Foi o único libro que sacamos ese ano, e desde entón mantemos os nosos obxectivos: a pervivencia, estar cómodos co que facemos e tamén ser felices.

É difícil sacar adiante a editorial nun mundo dixitalizado?
O mundo editorial galego é complicado, pero non por estar dixitalizado. É un país pequeno, cun descenso dos seus habitantes e cun idioma cada vez menos usado pola súa xente. Os libros, a lectura e o galego teñen cada vez menos apoio das administracións e dos gobernos. Pero o difícil non é editar, senón vender libros.

E como van as vendas?
A crise afectounos a todos e as cifras son menores que hai dez anos. Hai un descenso constante, moi pronunciado nos dous últimos anos.

Pero ten futuro o papel?
Hai uns anos pensábamos que o mundo dixital faría desaparecer ao papel. Pero a realidade amosa agora que as vendas dixitais son moi pequenas, a inmensa maioría son en papel. Comprobamos que o papel resiste á perfección. A venda de libros en formato dixital é residual, tanto nas editoriais galegas como nas de España.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tema marcado como favorito