Hemeroteca

Misela conta xa cun total de quince prazas públicas

  • 22 oct 2019 / 20:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A conselleira de Política Social, Fabiola García, puxo en valor o traballo da Asociación Misela no aumento da autonomía das persoas con discapacidade durante os seus 25 anos de historia. Así o manifestou durante a visita realizada onte ao centro afincado en Noia. García destacou a importancia de que as administracións traballen da man das entidades para ofrecer a mellor atención ós que máis o necesitan. Neste sentido, informou de que A Xunta financiou oito novas prazas públicas no centro de día, que se suman ás sete que xa existían no ocupacional. Con este incremento, a asociación conta cun total de 15 prazas públicas para a asistencia das persoas con discapacidade, tanto na atención temperá, como na diúrna e no desenvolvemento da autonomía.

Tema marcado como favorito