Hemeroteca
universidad

O modelo dos centros singulares afiánzase na USC e capta 13 millóns

O Ciqus, o Cimus e o Citius estrearon un sistema de funcionamento máis autónomo que a Xunta busca espallar //Os resultados medran malia a crise

  • 21 jun 2015 / 21:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Non son simples instalacións para paliar a falta de espazo nas facultades. Os tres centros singulares de investigación da Universidade de Santiago foron os primeiros en Galicia que empregaron a etiqueta singular para autodenominarse, en referencia a un novo sistema de organización da investigación que aposta forte por incrementar a competitividade e a proxección internacional, e que está a dar bos froitos malia o duro contexto económico no que naceron.

A Xunta de Galicia emprega tamén dende 2013 este termo para identificar tanto os tres centros composteláns como outras agrupacións estratéxicas e estruturas que aglutinan os grupos de investigación máis dinámicos de Galicia. Os oito centros singulares recoñecidos pola Xunta perciben dende entón un apoio económico específico do Goberno galego, 350.000 euros ao ano para cada un dos da USC. A axuda simboliza unha aposta por uns centros que requiren, recoñece a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, "ser dotados dun certo grao de autonomía e responsabilidade".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tema marcado como favorito