A mostra sobre as escolas americanas en Galicia chega este venres a Lalín
Trátase de Luces de Alén Mar´ promovida polo Consello da Cultura Galega
Lalín. Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia, exposición promovida polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega, e coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración, chega a Lalín o vindeiro venres, día 14 de marzo. A inauguración da mostra está prevista para as 20.30 horas no auditorio municipal de Lalín.
A dita mostra, organizada con motivo da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución en América e das súas realizacións académicas nas localidades de procedente dos emigrantes, estará aberta ao público ata o 14 de abril. A través dela preténdese recoller e difundir as realizacións que, con cartos americanos, se realizaron no eido educativo.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt