Hemeroteca
escultura

Mostra na Cámara galega de Cristóbal Gabarrón

Dolores Villarino destaca na inauguración da mostra, aberta ata o 15 de xullo, que "o Parlamento, a casa de todos os galegos, é hoxe tamén a casa das artes"

    • 16 jun 2006 / 01:46
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    A presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, e o artista Cristóbal Gabarrón, presentaron onte a exposición Os silencios de Cristóbal Colón, que estará nos patios interiores da Cámara ata o vindeiro 15 de xullo. A presidenta da Cámara dixo que esta exposición exemplifica o "diálogo entre culturas", polo que o descubridor serviu de nexo entre Galicia, primeiro porto no que deu a noticia do descubrimento, e América.

    Villarino salientou no acto inaugural que "o Parlamento de Galicia, a casa de todos os galegos, é hoxe tamén a casa das artes" coa presenza destas dez pezas inspiradas nos aspectos menos coñecidos de Cristóbal Colón. Presentou a segunda exposición temporal da cámara realizada con motivo da conmemoración dos 25 anos do Parlamento de Galicia para "combinar os valores da arte e do diálogo, lema e idea común da celebración deste aniversario".

    A presidenta da Cámara salientou que esta exposición "quere conmemorar a nosa relación histórica e actual con América, apostando polo diálogo entre civilizacións, que posibilitou a estreita relación entre América e Galicia, unidas, que non separadas, por un océano".

    Salientou que "a arte é un dos valores máis prezados que temos, e sempre digo que a Cámara debe de ser unha fábrica de valores, polo que combinamos os da arte e do diálogo".

    O DATO

    Colón descoñecido

    Cristóbal Gabarrón explicou que o grupo escultórico baséase nos aspectos menos coñecidos de Cristóbal Colón, nos "misterios de Colón que non están na historia" .

    Tema marcado como favorito