Hemeroteca
{ enlazarte }

A muller na ciencia

    • 07 feb 2016 / 20:49
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    ESTA semana, o día 11 de febreiro, celebrarase por primeira vez o Día internacional da muller e da nena na ciencia. Impulsado polas Nacións Unidas como parte da resolución 70/1, aprobada o pasado ano e chamada Transformando o noso mundo: a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, esta resolución intentará cumplir un amplo abanico de metas e obxectivos relacionados co desenvolvemento sostible antes do ano 2030.

    Entre moitos dos proxectos desta resolución chama a atención a celebración, por primeira vez, do día da muller na ciencia, non só polo que significa senón tamén polo que este tipo de iniciativas educativas e de concienciación en todos os mun-dos traen consigo.

    E é que esta mesma semana estaba a leer un artigo no blog Verne de El País sobre como serían as biografías de científicos se fosen escritas do mesmo xeito que se escriben as adicadas a mulleres. O artigo falaba da reacción da twiteira A.Torres (Daurmith) ao feito de que a descrición da gañadora do premio TS Eliot 2016 fose, e cito textualmente, "moi xoven, moi guapa e de ascendencia chinesa", en vez de falar da súa obra… O título do artigo é Casado e pai de dúas fillas, que é como a tuiteira describiría, utilizando o mesmo raseiro que usan coas mulleres, o perfil
    de Pierre Curie.

    As veces non somos conscientes de como o papel da muller, na ciencia, na música, na arte, no deporte, na política, na economía e un longo etc., segue a ocupar moi pouco espazo nos medios ou na opinión pública. E sen meterme nunha cuestión de machismo ou feminismo, simplemente hai que mirar, por usar un exemplo neutro, canta repercusión se lle dan a victorias deportivas internacionais de equipos masculinos e femininos.

    E é que cando cheguei ao artigo sobre as biografías de científicos acababa de ler unha noticia do ano 2014 sobre como o equipo nacional de ximnasia rítmica, que despois de converterse en campionas do mundo se queixaba de que os seus logros "non se viran por televisión".

    Pouco a pouco, e con esforzo por parte de todos seremos capaces de, quizais nunha xeración, ocupar o mesmo espazo polos nosos logros, pois como dí a resolución da ONU, as mulleres representan un papel fundamental nas comunidades científica e tecnolóxica, e a súa participación debería reforzarse. A ONU tamén suxire actos educativos de sensibilización pública.

    Quizais, para celebrar o día 11 e para que cambien un pouco de tema, os líderes políticos (homes todos) que se están a rifar o noso goberno lle queiran botar unha ollada ás conclusións do Libro branco da situación das mulleres na ciencia española, publicado polo Ministerio de Ciencia e Innovación… unha lectura reveladora que ben se pode extrapolar a moitas máis disciplinas…

    Gaiteira e pianista

    Tema marcado como favorito